sábado, 9 de junio de 2012

MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS E PUBLICIDADE

http://www.lemonade3d.com/blog/wp-content/uploads/2008/10/movie_frames.jpgO seguinte video, titulado "SheWhoMeasures" feito por Veljko Popović, trata sobre os medios de comunicación e a publicidade, as consecuencias que traen consigo este tipo de técnica de comunicación comercial , a cal intenta fomentar o consumo dun produto ou servizo a través dos medios de comunicación.


Neste video pódese apreciar unha fila de xente que non fai outra cousa mais que consumir, como se foran creados para facer única e exclusivamente esa actividade. O paiaso, que é o creador , é quen "guia" a toda esa tropa consumista, é a publicidade que atrapa aos espectadores. Eles, os espectadores, non ven máis alá do mundo que coñecen e estan cegos polo mundo consumista. A un deles, sen querer, se lle cae o velo que lle tapa a realidade. Dase conta do que esta a acontecer pero a publicidade lle volve a "comer" a cabeza e volve quedar atrapado.
Tamén hai quen non esta metido nese embrollo, como o que aparece correndo, é quen representa aos heterodóxos, aos que van por libre e non estan "metidos na onda". Este intenta que os que teñen comida a cabeza se den conta do que esta sucedendo pero non o consegue e vaga polo mundo só. O tempo pasa, se fai vello e morre como feito natural que é, mentres que os outros con os seus carros cheos de cousas inútiles que compraron e compraron, van morrendo de un en un, deixando os seus carros rebosantes de todos aqueles produtos que compraron durante toda a súa vida, que agora, non lles serve para nada. 




Remata cunha nova creación, outra xeneracion á que educaran para consumir como un circulo pechado que aumenta dia a dia e polo que non debemos deixarnos enganar por moi bonito que nolo poñan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario