sábado, 23 de junio de 2012

HISTORIA DA LINGUA

Aqui os deixo un enlace a unha paxina onde podereis atopar todo sobre a historia da lingua galega, os seus seculos máis ilustrados ata os máis oscuros,  pasando polo seu rexurdimento e os seus ilustres

miércoles, 20 de junio de 2012

A TELEVISIÓN

   
A televisión, realmente aféctanos?realmente esa caixa chea de imaxes,sons,..pode chegar a cambiarnos completamente?Como sucede neste video, chamado "Doll Face", cara de boneca en galego, afirma que asi é.  
Os medios de comunicación, en especial a televisión durante os ultimos séculos foinos impoñendo un modelo de vida, de como debemos ser tanto fisica como moralmente. O problema é que todo iso que nos meten na cabeza ao final, conscente ou inconscentemente, acabamos por crernoslo e o facemos.
Neste video vése a unha chica con corpo de maquina, a cal encóntrase fronte ó televisor. Nel saen varias imaxes,unha tras doutra, imaxes de realities,anuncios,peliculas,etc e de repente párase nunha dunha chica, perfecta,un prototipo de beleza, a chica dez que a sociedade foi impoñendo. A maquina intenta ser como ela: maquíllase como ela,sorrí como ela.. quere chegar a ser ela, e ainda que sabe que nunca podera selo, a maquina intenta logralo ata o punto de "matarse";isto é, deixar de ser a persoa que é tan só porque a sociedade non lle acepta ou máis ben, ela  cre que non lle acepta. 
En conclusión, esta "contaminación televisiva" non debería afectarnos deste xeito, xa que cada un é como é , e o millor e poderse sentir ben con un mesmo, sen a necesidade de ter que parecerse a ninguén. As copias nunca foron boas, e temos a sorte de que ningún individuo deste planeta é equitativo a outro, se non que cada persoa é única.

viernes, 15 de junio de 2012

A TEORÍA CIENTÍFICA





A teoria cientifica é un conxunto de conceptos xunto con regras( as leis cientificas) que expresan as relacions entre as observacións de dichos conceptos.Este conxunto forma o modelo teórico, dentro destas teorias hai leis que as rixen. Por outra parte tamén existe a hipótese real, a cal conleva verificar o sistema real mediante experimentos. Ditos experimentos confirman os modelos das teorias rexidas polas leis.
Ao mesmo tempo o sitema real é un conxunto de elementos, relacións e propiedades. Estas tres características estan dentro da realidade, a cal a teoria cientifica intenta explicar.
En resumo, a teoria cientifica mediante modelos teóricos intenta explicar a realidade,a cal é un sistema real. Como o modelo teórico e o sistema real son un sistema, esto conleva a dar por feito que a teoria cientifica é un sistema.

sábado, 9 de junio de 2012

MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS E PUBLICIDADE

http://www.lemonade3d.com/blog/wp-content/uploads/2008/10/movie_frames.jpgO seguinte video, titulado "SheWhoMeasures" feito por Veljko Popović, trata sobre os medios de comunicación e a publicidade, as consecuencias que traen consigo este tipo de técnica de comunicación comercial , a cal intenta fomentar o consumo dun produto ou servizo a través dos medios de comunicación.


Neste video pódese apreciar unha fila de xente que non fai outra cousa mais que consumir, como se foran creados para facer única e exclusivamente esa actividade. O paiaso, que é o creador , é quen "guia" a toda esa tropa consumista, é a publicidade que atrapa aos espectadores. Eles, os espectadores, non ven máis alá do mundo que coñecen e estan cegos polo mundo consumista. A un deles, sen querer, se lle cae o velo que lle tapa a realidade. Dase conta do que esta a acontecer pero a publicidade lle volve a "comer" a cabeza e volve quedar atrapado.
Tamén hai quen non esta metido nese embrollo, como o que aparece correndo, é quen representa aos heterodóxos, aos que van por libre e non estan "metidos na onda". Este intenta que os que teñen comida a cabeza se den conta do que esta sucedendo pero non o consegue e vaga polo mundo só. O tempo pasa, se fai vello e morre como feito natural que é, mentres que os outros con os seus carros cheos de cousas inútiles que compraron e compraron, van morrendo de un en un, deixando os seus carros rebosantes de todos aqueles produtos que compraron durante toda a súa vida, que agora, non lles serve para nada. 




Remata cunha nova creación, outra xeneracion á que educaran para consumir como un circulo pechado que aumenta dia a dia e polo que non debemos deixarnos enganar por moi bonito que nolo poñan.