miércoles, 14 de diciembre de 2011

A REVOLUCION DO ISLAM - REDES SOCIALES




As revoltas acontecidas no norte de áfrica e oriente medio non foron previstas. Ninguen se imaxinou que nun ámbito tan restrinxido para expresar os pensamentos propios acabaria asi. Fai xa un ano, todo este movemento contra a opresión, comezou en Tunez,cun cidadán de dito pais.Este prendeuse lume ao bonzo como sinal de protesta.Este acto provocou a rebelión popular en Tunez,e lograron botar ao seu ditador.
Mais tarde este movemento estendeuse cara a Exipto, onde os seus cidadans se dixeron por que eles non podian tamen ser "libres" e se manifestaron.Logo sucedeu en Libia, con a morte de Gadifi,o seu antigo ditador, que foi collido polos revolucionarios cando intentaba fuxir.As imaxes da sua morte estendeuse por todas as redes socias.
Todo este movemento non houbera sido posible sen as redes sociais,xa que logo nestes paises a informacion nos medios de comunicacion esta baixo o poder do goberno. As redes sociais dalgunha maneira foron o xérmolo destas revoltas, xa que contribuiron a difundir todos os acontecementos que ocurriron durante eses dias e serviron para convocar manifestacions, e reunir a toda a xente que queria loitar pola democracia.
Se pode dicir que as redes sociais son un medio de comunicación libre, onde podes manifestar a tua propia opinion, sen censura e sen ningun poder que vaia en contra do que ti expones,e ademais é máis rapido que calquera outro tipo de medio de comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario