jueves, 9 de febrero de 2012

NOVAS FORMAS DE LER

Os tempos cambian e con eles as novas tecnoloxias van mellorando e creando novas ideas de maneira que faciliten a nosa vida diaria.
Agora xa non é raro ver como a música que ti deseas escoitar nese mesmo instante a teñas a man, sen ter a necesidade de ir a unha tenda, tan solo escribir,apuntar ben o raton hacia o sitio que desees e pulsar e zas! a podes escoitar tantas veces como dias ten un siglo. Esto mesmo esta pasando cos libros, como pasou cos pergaminos, e como vai seguir acontecendo con máis cousas que nin ainda coñecemos.


É posible que con estas invencions tecnoloxicas o libro, de papel, co seu lomo, coa sua contraportada..cos seus pliegues, que nós facemos ao noso antollo cando nos chama,nos gosta algun contido nesa paxina e non queremos esquecer...é posible que todo isto desapareza? Co novo invento, o Ebook, todo esta por saber. Os libros tradicionais empezan a temblar ante os novedosos libros electronicos.


Este invento ten,como a maioria das cousas, o seu lado bo e o seu lado malo.
Lado bo: pode ser unha mellora contra a deforestacion de bosques, non habera que talar tantos arboles para crear as suas paxinas.
Outro exemplo, cando te vas de viaxe e queres levarte uns cantos libros, e isto é algo moi  pesado e pouco confortable. En cambio se tes o Ebook podes levar hasta mais de 20 libros, en distintos idiomas e os podes escoitar cos teus cascos. Con eles pódese ler case cualquer documento en cualquerar lugar.
É mais comodo de ler,xa que non pesa como un libro tradicional.
 Ao utilizar a tecnoloxía de tinta electrónica non ten  retro-iluminación, como é o caso doutros dispositivos de man (tabletas, computadoras o teléfonos móbiles). A experiencia é pois similar a ler un libro en papel: sen cansancio ningún para a vista, pudiéndose polo tanto prolongar a lectura durante horas.
Tamen , se prestas un libro a alguén, non teras por que quedarte sen el (a maioria das veces cando prestas un libro é a ultima vez que podes despedirte del). Co Ebook, podes copialo, baixalo..e poder telo cantas persoas desexen.


Lado malo: poden desaparecer os libros tradicionais como desapareceron os casets,por exemplo.
Outra parte importante: o seu elevado prezo que pode chegar hasta os 300 euros, cousa que cun libro de papel é menos normal.(pero esta parte tamén ten lado bo,xa que unha vez que compras o Ebook, non teras que comprar máis libros, mentres que se vas comprando e comprando podes gastar máis de 300 euros se o pensas)
O encanto que teñen os libros de papel ocupando as estanterias da túa casa, poder collelo cando te pete e revivir paxina tras paxina historias. A riqueza adicional afectiva que te proporciona un libro é unha das súas grandes cualidades. 

Na miña opinion seria unha pena que cos libros ocurrira o mesmo que cos vinilos. O Ebook é un gran invento pero eu non deixaria que desaparecera a sensación que te provoca un libo de papel, co seu tacto,co seu olor e o paso das súas paxinas que te fan sumerxirte na súa historia.